Category Image  EVENTOS / Actividades da Biblioteca  

 

Contacontos: O pucheiro da señora Emilia 

Data: Mércores, 14. Junio 2017
Horario: 18:00 a 19:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal

 

Descrición:

O programa Ler conta moito vai permitir celebrar, un ano máis, varias actividades de promoción da lectura na Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior. Charo Pita presenta O pucheiro da señora Emilia O seu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso: montaxes cuentístico musicais , sesións para adultos, nenos, público familiar. Tamén imparte talleres de narración oral.

É licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Salamanca. A señora Emilia ten un pucheiro onde fai caldo de picurruchos, cocido de vento e outras delicias. Pero como a señora Emilia é moi xenerosa, presta o seu pucheiro e...

Estas son as historias, de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas, que se poden escoitar nesta actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

 

Accesos : 719