OBRADOIROS / Concellería de Tráfico e Seguridade Vial  

Xornada Seguridade Vial "Faite ver" 

Inicio da actividade: 02/06/2017
Fin da actividade: 02/06/2017
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 

DESCRICIÓN

O vindeiro venres 2 de xuño terá lugar unha xornada de seguridade viaria dentro da  campaña “Faite Ver”, de mellora de seguridade viaria, e que é posible grazas á colaboración conxunta da Consellería de Medio Ambiente, a DXT e o Concello de Soutomaior. Nesta ocasión os esforzos centraranse fundamentalmente no que incumbe á seguridade dos peóns.

A primeira das charlas será na Casa da Cultura de Soutomaior ás 19,45 horas e o mesmo día ás 21,00 horas no Multiusos de Arcade.

Ademais da explicación dos contidos didácticos, duns 40 minutos de duración, a actividade complementarase coa entrega a cada participante dun chaleco reflector.

Este tipo de campañas, que, aínda que orientadas a todo tipo de usuarios, fai especial fincapé nas persoas da terceira idade pertencentes ao rural.

Desde o Concello de Soutomaior o obxectivo será contribuír a erradicar a sinistralidade nas nosas estradas, e sobre todo, evitar os accidentes en que se vexan involucrados peóns. 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 589