Category Image  EVENTOS / Concellería de Igualdade  

 

Monólogo e Documental: As lavandeiras en Soutomaior 

Data: Sábado, 11. Marzo 2017
Horario: 19:30 a 21:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

Descrición:

19:30 h. Documental sobre a figura das lavandeiras en Soutomaior.

20:00 h. Espectáculo Monólogo: "Lavandeiras".

O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos arredor deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que arrodean os lavadoiros.

 

Ficha artística

  • Elenco: Vero Rilo, Carlos Quintá
  • Dirección: Daboapipa
  • Géneros: Narración oral
  • Duración: 60 minutos
  • Público: Adultos
  • Tipo espectáculo: Monólogos

 

 

Accesos : 1060