OBRADOIROS / Concellería de Deportes  
DSC5997-1024x683.jpeg
Bautismo de Mergullo con equipo autónomo (4 h)

Inicio da actividade: 15-06-2024
Fin da actividade: 15-06-2024
Dias da actividade: Sábado 15 de xuño 2024
Horarios: 2 quendas a seleccionar
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 8 prazas (4 por quenda)
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Piscina CGTD Pontevedra

Inscricións:  ata Mércores 12 de xuño 2024 ás: 13:00 h.

 

DESCRICIÓN

Actividade que trata de familiarizarnos e sensibilizarnos co medio mariño a través da inmersión co emprego de equipo autónomo en un entorno controlado e seguro como é unha piscina.

Requisitos:

  • Saber nadar.
  • Non padecer ninguna afección que sexa incompatible cá actividade.
  • Leer e asinar a declaración de riscos e responsabilidade.
  • En caso de non asinar a declaración anterior, achegar cuestionario médico previa á realización da actividade.

Requisitos materiais: recomendase usar neopreno ou camisetas térmicas para desenvolver a actividade.

 

  • No momento da inscrición, ndicar no apartado de observacións: Altura, peso, talla e nº de pe.

ANEXO 1 Declaracio?n resp. indiv. MERGULLO

* NON FAGA O PAGO, ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA. (Envío de mensaxe vía Whatsapp), * Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior, *Inscrición en liña por rigorosa orde de recepción

Opción 1: de 10:00 a 14:00 h Opción 2: de 16:00 a 20:00 h Custe empadroados/as: 40€  Custe NON empadroados/as: 50€  Cotas: 1  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia do DNI (Participante), ANEXO 1, ANEXO 2 Forma de entrega: Enviar a: pavillon(arroba)soutomaior.gal ou Whatsapp 659 313 672

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 203