Normas para o campamento
Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Veraneando en Soutomaior,destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior
Vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 12 a 16 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h.
Prazas limitadas
Polo tanto existen 4 horarios a escoller:
-
Opción 1: de 9 a 14 h.
-
Opción 2: de 8 a 14 h.
-
Opción 3: de 8 a 15 h.
-
Opción 4: de 9 a 15 h.
Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os martes o venres de 9 a 14 h.
Ata o venres 24 de maio ás 14:00 h.
Valoracións e puntuación:
Asignaránse prazas según criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición
-
Familias empadroadas ou que traballen no termo municipal
-
Familias monomarentais/parentais-
-
Mulleres en situación de desemprego
-
Vítima de violencia de xénero
-
Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
-
Familias con diversidade funcional
-
Familias numerosas
-
Renda por debaixo de : 20.844,72€
Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:
Por favor, teña toda a documentación a mán, para enviala xunto coa solicitude.
NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requerida.
-
DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
-
DNI da nai e o pai
-
Acreditación dos criterios de vulnerabilidade
-
Declaración da renda (Enviar todas as follas da declaración)*
-
Cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes
As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria.
*Cómo comprimir varias imáxenes en 1 PDF: https://qrcd.org/59V5
Con relación ás quendas e horarios do campamento:
O Campamento desenvolverase durante os meses de xuño e xullo, no edificio Multiúsos de Arcade. Desta forma establécense as seguintes quendas:
-
1º QUENDA : 24-28 Xuño de 2024
-
2ª QUENDA: 1 -16 Xullo de 2024
-
3º QUENDA : 17-31 de Xullo de 2024
-
4º QUENDA: 1-14 de Agosto de 2024
-
5º QUENDA: 16 -30 de Agosto de 2024
-
6º QUENDA: 2 -6 de Setembro de 2024
Con relación á asistencia no Campamento:
No caso de non acudir e o non alegar xusta causa do mais do 30% das horas nunha quenda, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, mércores ou venres, en horario de 9 a 14 h.