Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  

 

Presentación de libro "Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil" 

Data: Sábado, 22. April 2023
Horario: 19:00 a 20:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Alameda Talo Río
Público dirixido: Público Xeral
Acceso: Libre sen entrada

 

Descrición:

Trátase dunha unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934.

O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporterismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba.

> Manolo González (autor) Edit. Galaxia

 

 

Accesos : 131