OBRADOIROS / Concellería de Cultura  

DESAFÓGATE. Unha aventura acuática 

Inicio da actividade: 12-03-2023
Fin da actividade: 12-03-2023
Dias da actividade: Domingo 12 de marzo
Destinatarios/as: 5 - 8 anos
Menores: Menores acompañados, Menores con autorización
Prazas: Limitadas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

DESCRICIÓN

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo presenta a actividade familiar “Desafógate. Unha aventura acuática” dirixida a nenos e nenas con idades entre 5 e 8 anos. A actividade consta de dúas partes, unha obra de teatro interpretada por Raquel Queizás e un obradoiro de reanimación cardiopulmonar (RCP básica) no se que amosarán as técnicas básicas que poden salvar vidas. Esta actividade familiar fomenta a prevención do afogamento infantil e as condutas seguras no medio acuático (tanto en piscinas como en ríos ou praias). Asemade sensibiliza ás familias do bo uso dos espazos destinados ao baño.

PRAZAS LIMITADAS

IMPORTANTE: A actividade é de balde. A reserva  OBRIGATORIA de entradas farase a través da web:

https://corresponsablesuvigo.es

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA - Inscricións Web Externa

 


Accesos : 253