OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Solicitude Guía didáctica: Historia do Feminismo 

Inicio da actividade: 09-03-2023
Fin da actividade: 31-03-2023
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: Cantidades limitadas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: CIM (Multiusos, Arcade)
Inscricións: 
ata 31 de marzo 

DESCRICIÓN

O concello de Soutomaior, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) pon a disposición de todas as persoas docentes ou aquelas que estean interesadas un exemplar da unidade didáctica Historia do movemento feminista en Galicia (1975-1983) FEITAS DOUTRAS, escrita por Raquel Fernández Reguera.

Unha unidade didáctica para traballar co alumnado de 4ª da ESO ou Bacharelato o rexurdir do Movemento Feminista Organizado en Galicia a finais do franquismo, prestando especial atención ó contexto do que emana e ó seu desenvolvemento durante a Transición. Este análise parte do ano 1975 por ser un momento de gran actividade social para as mulleres, no que grazas á celebración do Ano Internacional da Muller comezan a escoitarse as voces de mulleres feministas que se están a organizar.

Por outra banda, o punto de corte seleccionado é o ano 1983 porque a nivel estatal, nesta data o feminismo entra nas institucións coa creación do Instituto da Muller, e a nivel autonómico, créanse dúas publicacións feministas como son a revista Andaina e Festa da palabra silenciada.

Pódese solicitar a unidade didáctica FEITAS DOUTRAS, a través da páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior, ou ben chamando por teléfono para realizar a inscrición ó Centro de Información á Muller (CIM).

 

*Cantidades limitadas

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 584