CURSOS / Concellería de Ensino 

Aula de Apoio e Reforzo Educativo 

Prazas completas
Inicio da actividade: 15-02-2023
Fin da actividade: 26-05-2023
Dias da actividade: Mércores e venres
Horarios: de 17:00 a 18:30 h.
Destinatarios/as: 9 - 13 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 15 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal

Inscricións: 
ata 13 de febreiro 

DESCRICIÓN

A aula de apoio educativo contempla unha liña principal de actuación centrada no reforzo das materias escolares a través de técnicas de organización e estudo pensadas para afianzar e mellorar as competencias educativas básicas.

O obxectivo é ofrecer ao alumnado un servizo de reforzo educativo que favoreza a comprensión dos contidos que se transmiten dende o centro escolar, creando hábitos de estudo eficaces e estimulando as capacidades persoais individuais.

Ofreceremos unha formación integral nas competencias básicas do alumnado a través de explicacións e a realización de actividades diversas que axuden a conseguir o éxito escolar nos estudos.

Traballaremos hábitos de organización e planificación do estudo nun espazo axeitado que favoreza a concentración: axenda, datas de entrega e tarefas pendentes, establecemento de horarios de estudo semanais, etc.

Daremos ferramentas e técnicas de estudo que permitan a adquisición de coñecementos dunha maneira autónoma e eficiente: lectura rápida e comprensiva, esquema, resumo, ideas principais, etc.

Faremos un traballo enfocado á atención personalizada das dificultades de cada alumno/a.

Esta actividade vai dirixida a alumnado de primaria (4º, 5º e 6º) empadroado no Concello de Soutomaior.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 664