CURSOS / Concellería de Mocidade 

Limpieza e mantemento de superficies en edificios e locais (30+40 h.)

Inicio da actividade: 15-03-2023
Fin da actividade: 29-03-2023
Dias da actividade: Luns, mércores e venres
Horarios: de 09:30 a 13:30 h.
Destinatarios/as: 16 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 15 de marzo
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións:  desde 1 de febreiro
ata 8 de marzo 

DESCRICIÓN

Este curso de limpeza prepárate para os retos que supón non só a limpeza de chans e mobles, senón tamén a limpeza de paredes, teitos e o manexo de maquinaria. Traballar neste sector ten moitas variables.

O sector da limpeza é unha gran oportunidade persoal e empresarial, xa que é posible e lucrativo crear un negocio baseado no coñecemento e a experiencia. Os diferentes tipos de empresas nas que podes traballar ábrenche un amplo abanico de posibilidades.

Aprenderás a executar tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario nas áreas de intervención, seleccionando técnicas, ferramentas, produtos e máquinas que garantan a conservación e o mantemento do estado de limpeza, baixo a supervisión do profesional competente, respectando a normativa aplicable en materia de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Contidos: Destinatarios/as:a partir de 16 anos

Datas e horarios parte teórica: Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h desde 15 a 29 de marzo (parte teóricas).

Duración total do curso: 30 teóricas presencias + 40 prácticas en empresas.

METODOLOXÍA: teórico – práctica.

Teórica: contaredes con profesorado para impartir os contidos do curso e resolver as dúbidas que vaian xurdindo, sempre partindo de casos prácticos que faciliten a comprensión dos contidos teóricos. Parte teórica presencial: 15, 17, 20, 22, 24, 27 e 29 de marzo.

Parte práctica en empresas: Consta de 40 horas e realízanse en empresas da zona de Pontevedra e Vigo ao rematar a parte teórica (empresas con posibilidade de bolsa de traballo). En horario de mañá ou de tarde. Comezamos na semana do 17 de abril (despois de Semana Santa). O desprazamento correrá a cargo do alumno/a. Na segunda semana do curso comunicaremos as posibilidades de empresas a o calendario a cada persoa cos seus horarios tendo en conta as observacións realizadas na ficha previa entregada en aula.

 

Descarga:

 INFORMACIÓN IMPORTANTE PROGRAMA DE FORMACIÓN (PDF)

Custe empadroados/as: 15€  (Custe total: 15€) Custe NON empadroados/as: 45€  (Custe total: 45€) Cotas: 1  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Fotocopia de DNI (Participante), Tarxeta de desemprego (si é o caso) Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 501