Category Image  EVENTOS / Concellería de Ensino  

 

Capacidade, Sí moitas: Xornada sobre inclusión e diversidade 

Data: Xoves, 1. Decembro 2022
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
Acceso: De balde

 

Descrición:

Mesa redonda participativa “Sentindo a diversidade”
17.00 a 18.30 h
Trátase dunha mesa un pouco diferente pois da man das entidades que interveñen poderemos vivir a experiencia do día a día das persoas xordas e das persoas con parálise cerebral.
Interveñen:
AMENCER_ASPACE
Falararemos sobre o día a día das persoas con parálise e as persoas asistentes poderán experimentar como se teñen que enfrontar ás tarefas tan cotiás como comer, falar ou moverse pola cidade.
FAXPG_ Federación de Asociacións de persoas Xordas de Galicia
Falaremos sobre o día da día das persoas xordas e das barreiras que se atopan de accesibilidade, dos recursos que necesitan, etc. As poñentes ensinarán vocabulario básico ao finalizar a presentación.

Espazo artístico colaborativo “Personalario universal”
18.30 a 20:00 h

Partindo da idea de diversidade, imos crear personaxes con cualidades físicas diversas. Construiremos unha obra colaborativa a partir de pezas que farán un todo. Para o cal, usando unha metodoloxía accesible, palpable e trimesional crearemos esculturas de figura humana a modo de “Mr potato” coas que poidamos interactuar. Utilizaremos a modo de “esqueleto” caixas de cartón destinadas a a facer caras ou troncos ou extremidades inferiores e outros complementos.

Destinatarios/as: para todas as idades e pùblicos. Participan Escola Municipal de Debuxo e Pintura, ás persoas asociadas das entidades convidadas e público xeral.

 

 

Accesos : 191