Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude 
22-Escolas-Municipais.jpg

Escola Municipal de Debuxo e Pintura 2022-2023 

Inicio da actividade: 04-10-2022
Fin da actividade: 25-05-2023
Dias da actividade: Martes ou xoves según idade
Destinatarios/as: 4 - 17 anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 12 prazas/grupo
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade

Inscricións:  ata 23 de setembro de 2022

DESCRICIÓN

Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de debuxo artístico e pintura nun ambiente lúdico e distendido no que disfruten do traballo en grupo e á súa vez aprendan. Os grupos organízanse por idades orientativasasí como en función de niveis e experiencia.

Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar a partir dos niveis de cada itinerario.

Os itinerarios por idades aproximadas:

Itinerario ESPERTANDO A CREATIVIDADE
Idades: 4 a 7 anos
Horarios: martes de 16:30 a 17:45 h.
Profesora: Andrea Menéndez

Itinerario INFANTIL
Idades: 8 a 11 anos (orientativas)
Horario: martes de 18:00 a 19:30 h.
Profesora: Andrea Menéndez

Itinerario XUVENIL 1
Idades: 12 a 15 anos (orientativas)
Horario: xoves de 16:30 a 18:30 h.
Profesora: Belén Veleiro

Itinerario XUVENIL 2
Idades: 12 a 17 anos (orientativas)
Horario: xoves de 18:45 a 20:45 h.
Profesora: Belén Veleiro

IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición (23/09/2022). No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición.

TEÑEN PREFERENCIA AS PERSOAS INSCRITAS EMPADROADAS EN SOUTOMAIOR.

 

Grupos por Idade: GRUPO A: 4 - 7 anos / GRUPO B: 8 - 11 anos / GRUPO C: 12 - 15 anos / GRUPO D: 12 - 17 anos Horarios por idades: Opción 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE | 4 a 7 anos | Os martes de 16:30 a 17:45 h Opción 2: Itinerario INFANTIL | 8 a 11 anos (orientativas) | Os martes de 18:00 a 19:30 h Opción 3: Itinerario XUVENIL 1 | 12 a 15 anos (orientativas) | Os xoves de 16:30 a 18:30 h. Opción 4: Itinerario XUVENIL 2 | 12 a 17 anos (orientativas) | Os xoves de 18:45 a 20:45 h. Custe empadroados/as: 15€  (Custe total: 60€) Custe NON empadroados/as: 36€  (Custe total: 144€) Cotas: 4  Periodos de Pagos: outubro-novembro, decembro-xaneiro, febreiro-marzo, abril-maio Modo de pago: Bimensual (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Lugar de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA - Inscricións Escolas Municipais

 


Accesos : 703