OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Inmersión lingüística en inglés 

Inicio da actividade: 08-08-2022
Fin da actividade: 13-08-2022
Dias da actividade: do 8 ao 13 de agosto
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Prazas: 50 prazas
Acceso: Reserva de Butacas
Lugar da actividade: Centro de inmersión lingüística OS PEARES

Inscricións: 
ata Luns 20 de xuño 
> DESCARGAS: BONIFICACIONS E NÚMEROS DE CONTA CONCELLO 2022.pdf

DESCRICIÓN

Faranse dous grupos por idades e por nivel de competencia en lingua inglesa co fin de ter un nivel diferentes niveis para a realización dos desafíos.

Actividades en inglés: para mellorar a conversación e fluidez neste idioma (pronunciación, esturctura, vocabulario, etc). Seguindo unha metodoloxía participatica, lúdica e con monitorador nativo.

Actividades complementarias: actividades lúdicas e de lecer no medio natural tales como paint mural, kayak, padellboard, team bulding, engineeringprojet para a contrucción dunha embarcación fluvial, etc.

Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 17 anos ambas incluídas. 25 participantes paras as idades de 12 a 14 anos e 25 para as idades de 15 a 17 anos.

Duración: incorporación pola mañá; saída pola mañá entre 10-12 h

Custe da actividade:

O importe final que deberá pagar a persoa interesada é de:

70 Euros/empadroados-as.

250 euros non empadroados/as (soamente poderán participar no caso de quedar vacantes e sempre que previamente se cubran como mínimo 25 prazas por persoas empadroadas).

Descontos ou bonificacións soamente para empadroados/as, poden ser:

  • Cando no familiar mesmo grupo teña máis dun participante aplicaranse as seguintes bonificacións:

  1. Ao 2º participante unha bonificación do 25%

  2. Ao 3º participante una bonificación do 50%

  3. Ao 4º participante unha bonificación do 75%

  4. Os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa.

Para que se lles aplique este desconto as persoas solicitantes deberán marcar no cadro correspondente do formulario de solicitude e achegar o documento acreditativo Exemplo: libro de familia (no caso de no presentalo non se aplicará este desconto).

 

  • 4 prazas como máximo co desconto do 100% para os/as menores empadroados/as no Concello de Soutomaior que acrediten a súa situación de menores en situación ou risco de exclusión social que serán adxudicadas por orde de inscrición. Terán que acreditar tal condición previo informe da Traballadora Social do Concello, dunha institución análoga ou de persoal técnico acreditado para certificar tal condición.

  • Cando todos os membros da unidade familiar se atopen en desemprego e poidan acreditalo bonificarase un 50%.

Inclúe: manutención, pernocta en habitación dobres-triples, actividades, material, personal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos.

Observacións: Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que estará o equipo de monitores/as en agosto: a data comunicarase cando se comunique a admisión.

As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Grupos por Idade: GRUPO A: 12 - 14 anos / GRUPO B: 15 - 17 anos Custe empadroados/as: 70€  (Custe total: 70€) Custe NON empadroados/as: 250€  (Custe total: 250€) Cotas: 1  Modo de pago: Pago único (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 952