OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  

Deseñando o teu futuro 

Inicio da actividade: 15-07-2022
Fin da actividade: 22-07-2022
Dias da actividade: do 15 ao 22 de xullo
Horarios: 10:00 a 15:30 h
Destinatarios/as: 14 - 18 anos
Prazas: 12 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Visitas a empresas

Inscricións: 
ata Luns 20 de xuño 

DESCRICIÓN

Programa de estancias en empresas do sector ao que te queres adicar (estadías individuais de 4 días desde o 18 a 21 de xullo) e actividades grupais complementarias (15 e 22 xullo).

O inicio do programa terá lugar coa atividade grupal o venres 15 de xullo “Erasmus e outras experiencias de mobilidade: hibrida o teu talento” con visita ao Coliving Anceu Rural onde visitaremos as instalación, participaremos nunha xornada na que haberá persoas de diferentes lugares con experiencias moi variadas, faremos actividades no medio natural e disfrutaremos dun entorno na natureza fantástico no que se o tempo o permite poderemos darnos un baño e xantar unha menú moi especial. 

Saídas en autobús:

  • 09.30  h Cruce de Pierres
  • 09:35  h Casa do Concello

Inclúe: actividades, transporte en bus e xantar.

Material para levar cada participante: roupa de baño, toalla de praia, crema de sol, viseira, roupa e calzado axeitado para camiñar, auga,..

As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. As idades teranse que ter cumpridas no momento do inicio da actividade.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 656