Category Image  EVENTOS / Concellería de Igualdade  

 

Inauguración Paseo da Diversidade 

Data: Venres, 20. Mayo 2022
Horario: 18:00 a 19:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Avenida Castelao
Acceso: Libre sen entrada

 

Descrición:

Trátase dun paseo situado nunha marxe da Avenida Castelao, á beira do Restaurante Romasa e que ata o momento estaba a ser inutilizado. Este novo espazo estará decorado e acondicionado para que todas as familias poidan incluílo nos seus paseos diarios.

Ademais, a inauguración deste paseo, que se bautizou como ‘Paseo dá diversidade’ coincidirá coa celebración, este luns, do Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia.

Con motivo da inauguración deste espazo, o Concello organizou unha serie de actividades no propio paseo.

 

18:00 h | Inauguración do Paseo da diversidade

Animación a cargo de Barafunda
 
18:15 h | Contacontos. “SOÑANDO INVENTEI”
+3 AÑOS | PUBLICO FAMILIAR
É un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia.
Con esta aventura emprenderemos unha viaxe emocional ao centro dos soños, unha proposta onírica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos, personaxes que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.
 
19:00 h | Concerto do grupo “2 TIPOS”
Edgar Cuerdo (guitarra y voz) y Xoel González (percusión y coros)
 
Durante a xornada | Obradoiro de estampación de camisetas

 

 

Accesos : 247