Normas para o campamento
Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Soutomaior Concilia, campamentos de verán. Programa destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior. Vai dirixido ás crianzas de entre 3 e 12 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 horas, pero existe a posibilidade de entrar ás 8.00h (aula matinal) e de saír ás 15:00h (de 14 a 15 horas, as familias que así o desexen poden traer un taper para que as crianzas podan comer aquí). Polo tanto existen 4 horarios a escoller:
• Opción 1: de 9 a 14h.
• Opción 2: de 8 a 14h.
• Opción 3: de 8 a 15h.
• Opción 4: de 9 a 15h.
O programa está subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade e polo Concello de Soutomaior.
Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os luns e mércores de 9-14h. Desde o luns 16 de maio ate o venres 27 ás 15h.
Nunha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na cita páxina a listaxe de solicitudes admitidas (segundo orde de inscrición), indicando número de solicitude e a puntuación outorgada. Nesta listaxe quedarán excluídas as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos.
Se no proceso de comprobación se detecta a ausencia dalgún documento ou algún outro erro, requiriráselle a persoa solicitante para que repare os erros advertidos de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas para que no prazo de 10 días (contados a partir da recepción da notificación vía correo electrónico), emende a falta ou achegue os documentos requiridos, e informaráselle de que, no caso de non facelo, entenderase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na citada lei.
Despois de 15 días da publicación da listaxe de solicitudes admitidas, publicarase a listaxe definitiva das prazas coas quendas asignadas.
Valoracións e puntuación
Persoas empadroadas no Concello ou que traballan no termo municipal 5 puntos
Familia numerosa ou monomarental ou monomparental 5 puntos
Dúas persoas traballando da unidade familiar 5 puntos
Unha persoa traballando da unidade familiar 2 puntos
Nivel de renda non superior a 35.000€ 5 puntos
Mulleres vítimas de violencia de xénero 5 puntos
Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:
• DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
• DNI da nai e o pai
• Padrón ou xustificante de traballar dentro do termo municipal
• Carne de familia numerosa ou monomarental, se é o caso
• Última declaración da renda da unidade familiar
• Xustificante laboral de estar traballando
• No caso de participantes con diversidade funcional: certificado acreditativo do grao de discapacidade.
• Cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes
As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria. En caso de empate de puntos, terá preferencia a orde de presentación de solicitudes.
Con relación ás quendas e horarios do campamento:
O Campamento desenvolverase durante os meses de xullo e setembro, no edificio Multiusos de Arcade. Desta forma establécense as seguintes quendas:
-
1 quenda: do 1 de xullo ó 15 de xullo (ambos incluídos)
-
2 quenda: do 18 de xullo ó 29 de xullo (ambos incluídos)
-
3 quenda: do 1 de setembro ó 7 setembro.
Con relación á asistencia no Campamento:
No caso de non acudir e o non alegar xusta causa do mais do 30% das horas nunha quenda, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, o luns ou mércores, en horario de 9 a 14h.