Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  
22-O-Furancho.jpg

 

Teatro: O furancho 

Data: Sábado, 28. Mayo 2022
Horario: 21:00 a 22:00 h.
Destinatarios: 11 - e máis anos
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade

 

Descrición:

MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Un espazo cargado de ‘agroglamour’ no que se fusionan as tendencias máis ‘trendies’ con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías.

Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

 

 


 

Accesos : 77