CONCURSOS / Concellería de Mocidade   

XIV Concurso Verbas para comunicar 

 

Inicio da actividade: 11-03-2022
Fin da actividade: 11-05-2022
Inscricións ata: Mércores, 11. Mayo 2022
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: SIN LOCALIZACION
 

DESCRICIÓN

Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega.

O Concurso “VERBAS PARA... COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual. No cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas.

 OBXECTIVOS

Promover a comunicación da mocidade para que expresen o que senten, pensan ou queren dicir usando a lingua galega.

Normalizar e fomentar o uso da lingua galega fóra de contextos  formais e institucionais, dun xeito atractivo e lúdico.

Visibilizar o uso da lingua galega en contextos culturais, de lecer e tecnolóxicos para potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna e rachar estereotipos

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO ou Bacharelato e que estuden no IES Soutomaior ou no Colexio Santiago Apóstolo.

Categoría A: 1º, 2º e 3º ESO

Categoría B: 4º ESO, 1º e 2º BACH

Modo de pago: Non reporta pago

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 715