OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Divulgaciencia: Cociña molecular 2 (1 h)

Inicio da actividade: 05-05-2022
Fin da actividade: 05-05-2022
Dias da actividade: Xoves 5 de maio
Horarios: 16:30 - 17:30 h
Destinatarios/as: 6 - e máis anos
Prazas: 15 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Alameda Talo Río

 

DESCRICIÓN

Sen dúbida, vivimos nun momento en que todos e todas estamos a descubrir a  cociña grazas aos programas de televisión.

O obradoiro mestura Ciencia e Cociña, explorando a través de receitas sinxelas e fascinantes. Prepararemos cócteles científicos e sobremesas de cociña molecular mentres descubrimos a relación entre Ciencia e Cociña

NOTA: no caso de ter algunha intolerancia alimentaria por favor, indícao na ficha de inscrición no apartado de observacións.

Este obradoiro está incluído na programación do programa educativo Divulgaciencia, promovido polas Concellerías de Educación e Xuventude de Soutomaior que pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico - tecnolóxicos mediante accións cunha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica na que poida participar toda a cidadanía.

Realizaranse durante a Feira de Ciencias o xoves 5 de maio en Talo Río.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Divulgaciencia - Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 381