OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro: Montes do curro de Valga (Todo o día)

Inicio da actividade: 24-04-2022
Fin da actividade: 24-04-2022
Dias da actividade: Domingo 24 de abril
Horarios: de 09:25 a 18:35 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 30 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Concello de Oia

 

DESCRICIÓN

ROTEIRO “Montes do curro da Valga”

Patrimonial, medioambiental e interpretativa

 

DATA: Domingo 24 de abril
HORARIO:

  • Saídas:                 
  • 9.25 h    Casa Concello Soutomaior
  • 9.30 h    Cruce de Pierres Arcade
  • Chegadas:           
  • 18.30 h  Cruce de Pierres Arcade
  • 18.35 h  Casa do Concello

BREVE DESCRICIÓN:

Neste roteiro centrarémonos na riqueza natural e patrimonial dos montes da Valga, na serra da Groba, no municipio de Oia.

Trátase dun espazo natural onde se pode atopar unha mostra dos poucos cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que, cada primavera e verán, se apresan, rapan e sanean nos curros (rapas das bestas) para volvelos deixar ceibes no monte.

Tamén percorreremos zonas de braña, regatos e humidais, onde existe unha grande e fráxil riqueza ecolóxica (anfibios, insectos, flora específica destes ecosistemas) e, facendo un pequeno desvío, achegarémonos a visitar algunhas mostras do patrimonio culturalque atesouran estes montes.

Na contorna do curro hai merendeiros e unha fonte con auga.

  • 10:20   Recepción nas inmediacións da Casa Forestal de Santa María de Oia. Desde ese punto trasladarémonos a pé ata o curro (uns 600m.).
  • 10:30     Inicio da ruta guiada desde o curro da Valga.
  • 12:30     (aprox.) Parada de descanso a metade de percorrido.
  • 14:30     Xantar
  • 17:00     Regreso Arcade - Soutomaior.

O  Concello porá un autobús para os desprazamentos  de saída e chegada nas que todo o grupo irá xunto.

CARACTERÍSTICAS: Dificultade baixa- Percorrido por sendeiros e pistas de monte aproveitando parte do trazado das rutas sinalizadas do Ruta do Curro da Valga e Ruta dos Muíños do Calán. A maioría do camiño está exento de pendentes. Faremos un percorrido circular(con algún desvío puntual) que comeza e remata nas inmediacións dopropio curro.

  • Lonxitude: 7km, aprox.
  • Desnivel: 121m negativo/positivo.

TEMPO ESTIMADO: todo o día.
IDADES: todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade.
INICIO: inmediacións do curro da Valga.
CUSTE: de balde.
PRAZAS: 30.

  • Teñen preferencias as persoas empadrodas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas.
  • As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxuditada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso (neste caso 2022).

DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición (xa enviada en liña).

Unha ficha por persoa incluídos/as menores

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 694