OBRADOIROS / Concellería de Cultura  

Laxeiro: Cun Laxeiro de paseo (1 1/2 h)

Inicio da actividade: 06-04-2022
Fin da actividade: 06-04-2022
Dias da actividade: Mércores 6 de abril
Horarios: 18:00 - 19:30 h
Destinatarios/as: 6 - e máis anos
Prazas: 30
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal Luis Seoane

 

DESCRICIÓN

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) acordou, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908 – Vigo, 21 de xullo de 1996).

Con tal motivo a Concellería de Cultura organiza unha exposición na que se seleccionan varias das súas obras e un obradoiro creativo para afondar e difundir na figura de LAXEIRO; decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX e cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.

O programa de actos iniciarase o Mércores, 6 de abril

Laxeiro

Exposición “Achegándonos á obra de Laxeiro”

Público xeral | 6 - 29 abril | Biblioteca Municipal

 

Obradoiro creativo “Cun Laxeiro de paseo”

Belén Veleiro Artista plástica

    Inscricións en liña| Ata 3 abril

    Familiar  | 18:00 - 19:30 h | Biblioteca Municipal

 

Breve descrición do obradoiro:

Falamos de Laxeiro, coñecemos un pouco da súa vida e obra. E despois centrámonos nos seus cadros máis a cargados.

Ímolo reinterpretar seguindo este proceso:

  1. Creamos manchas de cores. Con pincel ou coas mans. Deixando secar.
  2. Mentres buscamos e Recortamos ollos de revistas
  3. Pegamámolos onde nos pareza máis axeitado
  4. E, por último, delineamos con Posca negro e guiándonos polas manchas, creando unha maraña de figuras humanas.

Sobre que soporte? Que me levarei para casa... Ven a descubrilo...

 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 474