Category Image  EVENTOS / Actividades da Biblioteca  

 

Contacontos: Bailar nas nubes 

Data: Mércores, 23. Marzo 2022
Horario: 18:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal Luis Seoane
Acceso: De pago

 

Descrición:

Narración oral con Soledad Felloza.

Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pegadiña a terra e moi lonxe do ceo! Só a axuda de novos vecinos fará que o soño sexa unha realidade. Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka.

O libro é unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada un de nós é unha tea feita dos fios da memoria de todos. Cada casa, é un conto diferente. En cada sesión cóntanse tres historias que se adaptan as idades do público e a celebración do calendario do libro e da lectura.

Baixa das nubes filla, é a frase que máis escoita Mara, pero coas historias que Ile contan seus veciños, e moi difícil non sentir o corpo lixeiriño. Cada libro que Mara descubre é un chanzo máis na escaleira da imaxinación.

 

 

Accesos : 200