Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Educación 
Zootropo-Xigante.jpg

Paper cinético: Zootropo xigante (2 h)

Inicio da actividade: 11-12-2021
Fin da actividade: 11-12-2021
Dias da actividade: Sábado 11 de decembro
Horarios: de 11:00 a 13:00 h
Destinatarios/as: 6 - e máis anos
Menores: Menores con autorización, -10 anos acompañados
Prazas: 20 prazas
Entrada: De balde
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade

Inscricións ata: Xoves, 2. Decembro 2021

DESCRICIÓN

Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta!

Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en Arcade (Soutomaior). Para isto contamos con Belén Veleiro que logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, deseña estes obradoiros para experimentar dun xeito moi práctico, divertido e ameno as caixas de cartón e as súas posibilidades. 

Breve descrición do obradoiro: ZOOTROPO XIGANTE

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.

O zootropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlle vida a obxectos inmóbiles. Na construcción deste aparello traballaremos tamén os rotorelieves de Duchamp. Unha experiencia espectacular!
 
Obxectivos:
– Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxía
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
– Queremos facer o zootropo máis grande do mundo
 
Dirixido a todas as idades a partir dos 6 anos.  Os menores de 10 anos deben asistir acompañados/as. A participación pode ser en familia.
 
Número de prazas: 20 persoas

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO A PARTIR DO 18 DE NOVEMBRO 

 


 

Inscrición en LIÑA

 


ACTIVIDADE

DATOS PERSOAIS DO PARTICIPANTE

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina



ENDEREZO


DATOS DE CONTACTO


OBSERVACIÓNS E APOIO

No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Padeces algunha enfermidade, alerxia ou intolerancia, que considere debemos ter en conta?. Precisa apoio técnico ou loxístico?

Verificación Idade
No caso de que o/a participante sexa menor de idade deberá cumplimentar a seguinte Autorización do/a pai/nai/titor.
Normas e Condicións

Lea e acepte as seguintes:

Normas de participación nas actividades


ENVÍO DE INFORMACIÓN

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Sinatura

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.


Accesos : 72