OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Paper cinético: Xoguetes Ópticos (2 h)

Inicio da actividade: 04-12-2021
Fin da actividade: 04-12-2021
Dias da actividade: Sábado 4 de decembro
Horarios: de 11:00 a 13:00 h
Destinatarios/as: 6 - e máis anos
Prazas: 20 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

DESCRICIÓN

Cos obradoiros "Paper cinético: do papel ao cinema" imos reflexionar sobre o “papel” do papel no cinema; explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Ademais pode transmitir movemento, combinación perfecta!

Neste contexto, nacen os obradoiros que durante o mes de decembro imos desenvolver no Multiúsos en Arcade (Soutomaior). Para isto contamos con Belén Veleiro que logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, deseña estes obradoiros para experimentar dun xeito moi práctico, divertido e ameno as caixas de cartón e as súas posibilidades. 

Breve descrición do obradoiro: XOQUETES ÓPTICOS 

Unha viaxe aos inicios da imaxe en movemento. Descubrimos como funciona o cine a través da construcción de xoguetes ópticos: flipbook, taumatropo e zootropo.

 
Obxectivos do obradoiro:
– Comprender a natureza da imaxe enmovementoe a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxía
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
 
Metodoloxía: crearemos xoguetes moi atraentes e orixinais: Un taumatropo, un flipbook, un zootropo (e un proxector holográfico para o móvil, no caso dos/as participantes máis avantaxados/as).
 
Dirixido a todas as idades a partir dos 6 anos.  Os menores de 10 anos deben asistir acompañados/as. A participación pode ser en familia.
 
Número de prazas: 20 persoas
 

Ampliación do prazo ata o venres 3 ás 13:00 h

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 256