Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude 
bastones.jpg

Campo de voluntariado: Soutomaior fai Camiño 

Inicio da actividade: 16-07-2021
Fin da actividade: 27-07-2021
Dias da actividade: Desde 16/7/2021 a 27/07/2021
Horarios: incorporación pola tarde de 16 a 19 h - saída pola mañá entre 10-12 h
Destinatarios/as: 18 - 30 anos
Prazas: 12
Entrada: De pago
Lugar da actividade: Concello de Soutomaior

Inscricións desde: 02-06-2021
Inscricións ata: Domingo, 11. Julio 2021

DESCRICIÓN

Acción voluntaria na que as persoas inscritas participarán en obradoiros de formación XACOBEA “EXPRESS” e en obradoiros prácticos de contido ambiental, social, histórico e publicitario para poñer en marcha o traballo de acción ambiental e social en lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior arredor do Río Verdugo e da Ponte Colgante e Medieval. Labores de “plogging”, información de apoio a peregrinas/os e intervencións locais puntuais, deseño de contidos para difusión temática en RRSS e creación do Blog Soutomaior fai Camiño. ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS durante o campo:

  • Rutas ambientais e históricas a puntos de interese do Concello.
  • Día temático Castelo de Soutomaior.
  • Obradoiros de “igualdade de xéner“, de mitoloxía galega, de relaxación.
  • Xincanas populares.
  • Excursión á Illa de San Simón con ruta mariña en Paddle Surf + piragua.

Custe: 110 € euros xeral e as persoas posuidoras do carné xove, título de familia numerosa ou familia monoparental pagarán 82,50 €.

Inscricións na web ata cubrir prazas: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/campos-de-traballo-inscricion

Prazo: ata 5 días antes das actividade (11 de xullo)

Máis información:

- OMIX Soutomaior. Tel. 986700822 – 638822868, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Tel. 981 957 115. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Servizo de Xuventude en Vigo. Tel. 986 817 079

 

 


 

Inscricións Web Externa


Accesos : 96