Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Cultura 
orientacion-camino.jpg

"O Camiño que nos orienta": gran xogo de orientación 

Inicio da actividade: 17-07-2021
Fin da actividade: 17-07-2021
Dias da actividade: 17-07-2021
Horarios: 19:00 h
Destinatarios/as: 6 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: Limitadas
Entrada: De balde
Lugar da actividade: Campo da Feira de Arcade

Inscricións desde: 07-06-2021
Inscricións ata: Luns, 12. Julio 2021

DESCRICIÓN

Breve descrición:

Trátase dunha actividade deportiva cun formato non competitivo que se centrará máis en pasalo ben e coñecer un pouco mellor o Camiño Portugués ao seu paso por Soutomaior.

A actividade potenciará o traballo en equipo e o traballo en grupo mediante unha serie de probas nas que todos os membros do equipo terán que implicarse e, ademais, haberá unha proba final na que todos os equipos terán que aportar algo conseguido durante a execución da actividade.

O percorrido será polo transcurso do camiño por Arcade – Soutomaior co fin de coñecer todas as peculiaridades do mesmo: lugares, emblemáticos, lavadoiros, historias e lendas, monumentos, tradicións, oficios (por exemplo no lavadoiro haberá unha personaxe lavando que lle porá unha proba), etc..Inicio da actividade no Campo de Feira de Arcade onde está o Centro de Saúde e remate en Talo Río Arcade

Durante o percorrido as persoas participantes atoparanse en varios puntos sinalados no mapa do Camiño con moitas sorpresas, por exemplo, con personaxes históricos e peregrinos/as ilustres que os/as estarán agardando para contarlles anécdotas e darlles consellos que lles serán de utilidade para chegar ao final do xogo.

Todas as probas que terán que ir superando para conseguir a acreditación serán deseñadas para traballar: o enxeño, as habilidades, a creatividade e o traballo en equipo. 

A participación será individual ou en grupos cun máximo de 6 persoas por grupo.

Haberá dúas categorías:

- INFANTIL: nenos e nenas de 6 a 12 anos sempre acompañadas dunha persoa adulta no grupo. As persoas adultas terán que anotarse como acompañentes neste mesmo grupo para contabilizar menores e acompañantes.

- XUVENIL/ADULTA: a partir de 13 anos. Sen límite de idade por arriba.

O número total de prazas é de 150. Cada grupo sairá escalonadamente e estarán as saídas organizadas por tempos para non provocar aglomeracións de xente nos mesmos puntos.

 


Grupos por Idade: GRUPO A: 6 - 12 anos / GRUPO B: 13 - 99 anos

 

Inscrición en LIÑA


ACTIVIDADE

DATOS PERSOAIS DO PARTICIPANTE

O/a participante é a persoa que vai participar na actividade, en caso de ser menor de idade deberán rexistralo/a o seu pai/nai/titor na seguinte páxina



ENDEREZO


DATOS DE CONTACTO


OBSERVACIÓNS E APOIO

No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Padeces algunha enfermidade, alerxia ou intolerancia, que considere debemos ter en conta?. Precisa apoio técnico ou loxístico?

Verificación Idade
No caso de que o/a participante sexa menor de idade deberá cumplimentar a seguinte Autorización do/a pai/nai/titor.
Normas e Condicións

Lea e acepte as seguintes:

Normas de participación nas actividades


ENVÍO DE INFORMACIÓN

Autorizo ó Concello de Soutomaior a enviarme información sobre outras actividades que organiza ó meu correo electrónico?


OBSERVACIÓNS ADICIONAIS

Sinatura

Sinatura do/a Participante

Declaro que son maior de idade. Faga a súa sinatura co dedo. Si non lle parece que saiu ben a sinatura, borre e volva a facela.


Accesos : 1579