OBRADOIROS / Concellería de Cultura  

Contacontos + obradoiro: Maruxa Mallo 

Inicio da actividade: 02-07-2021
Fin da actividade: 02-07-2021
Dias da actividade: 02-07-2021
Horarios: 19:00 h
Destinatarios/as: 5 - e máis anos
Prazas: 20 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Peirao de Arcade

desde 14-06-2021 

DESCRICIÓN

Encontros lingoreteiros: Arte e Lingua - Contacontos + obradoiro: 
Maruxa Mallo
 

Denominación: Contacontos e obradoiros artísticos.

  • Breve descrición:

Para que o programa sexa máis atractivo, por unha banda, en cada sesión traballaremos a diferentes artistas galegos/as seleccionados para dar a coñecer o patrimonio cultural galego e a diversidade de propostas que nos atopamos na nosa realidade. E, por outra banda, utilizaremos diferentes espazos de lecer do municipio na época estival.

Na primeira parte de cada sesión, realizarase unha breve e amena introdución de contacontos e narración oral sobre a vida e a obra do/da artista SELECCIONADA PARA CADA SESIÓN co apoio de imaxes das súas creacións máis representativas.  A continuación, desenvolverase un obradoiro de expresión plástica inspirado na obra da persoa protagonista, onde se utilizarán diversas técnicas.

Con tal fin, tiraremos ao aire os nosos chapeus para darlle renda solta á imaxinación, igual que fixo Maruxa Mallo e traballaremos con ela a terra e o mar. Foi unha pintora surrealista galega

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 633