CURSOS / Concellería de Mocidade 

Curso oficial de Monitor-a de Tempo Libre (350 h)

Inicio da actividade: 13-03-2021
Fin da actividade: 28-05-2021
Dias da actividade: 17 de abril a 20 de xuño de 2021_ Consulta descrición.
Horarios: modalidade mixta presencial e en liña. Consultar descrición.
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Prazas: Mínimo 15 e máximo 25 prazas
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade + Concello Soutomaior

desde 08-03-2021 

DESCRICIÓN

Contidos: os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en padell surf, en kaiak, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade, formación en necesidades especiais alimentarias, etc. O curso consta de 200 h teórico - prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos. 

  • Modalidade: mixta 105 h presenciais e 95 h en liña correspondentes coa parte teórico práctica.
  • Datas e horarios da formación impartida presencialmente (105 h): 24,25 de abril; 1,2, 15,16,22,23 maio; 5,6,12,13,26,27 de xuño.  Sábados de 9 a 14  h e de 16 a 21 e domingos de 9 a 14 h.
  • Datas e horarios da formación impartida en liña (95 h). No que respecta á xestión da formación EN LIÑA por parte do alumnado, non é preciso estar conectado/a no horario da formación en liña establecido para cada clase, dando a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma que dende a Escola se empregará para a xestión das clases en liña. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores sen ningún problema. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante: 1. Entrega dunha actividade 2. Realización dun test de avaliación de 10 preguntas sobre a materia impartida. 3. Participación na dinámica grupal proposta. Datas na que se poderá acceder á formación en liña: 25 abril; 2,8,9,16,23,29,30 de maio;6,13,19,20,27 de xuño.
  • Prazas: mínimo 15 e máximo 25 prazas. O curso realizarse se hai un mínimo de 12 persoas empadroadas.
  • Forma de pago: o pago poderá fraccionarse 50% pagaríase no momento da inscrición e o 50% restante antes do 14 de maio de 2021. Tamén se pode pagar todo xunto.

 

DESCARGA O PDF:

2o Trimestre BIX Xuventude 2021

Custe empadroados/as: 65€  (Custe total: 130€) Custe NON empadroados/as: 106€  (Custe total: 212€) Cotas: 2  Periodos de Pagos: 50% no momento da inscrición e o 50% restante antes do 14 de maio de 2021 Modo de pago: Pagos a plazos (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago, Fotocopia de DNI (Participante), Fotografía tipo Carné, Fotocopia de título ESO/EXB, Fotocopia de tarxeta sanitaria Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 973