CURSOS / Concellería de Ensino 

Curso Linguaxe de Signos Española (No Horas Libre)

COMPLETO
Inicio da actividade: 22-03-2021
Fin da actividade: 26-04-2021
Dias da actividade: do 22 de marzo ata 26 de abril
Horarios: Libre
Destinatarios/as: 16 - e máis anos
Prazas: min 15 - max 30 prazas
Acceso: Reserva de Butacas
Lugar da actividade: On-line SignoCampus

desde 25-02-2021 

DESCRICIÓN

Programa formativo en modalidade en liña
Marco da rede estatal de ensinanzas da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), seguindo unha organización curricular e pedagóxica acorde á filosofía do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Diploma acreditativo expedido pola FAXPG e homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e polo Concello de Soutomaior.

Modalidade de formación: a distancia a través da plataforma SignoCampus
• A plataforma estará en funcionamento as 24 horas do día ao longo de todo o curso, sábados, domingos e festivos incluídos. Non hai que conectarse a ningunha hora concreta para clases ou titorías pero que si hai uns tempos marcados para preparar os contidos e entregar os vídeos de cada unidade.


Teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior (mínimo 10 persoas para que se realice).

Necesidades técnicas. O alumnado disporá de:

• Necesario ordenador, móbil ou Tableta con boa conexión a internet e algún dispositivo co que gravarse.

 

Os contidos serán os básicos e estarán distribuídos en 3 módulos:

MÓDULO 1:

. Saudar e responder saúdos

· Presentarse aos demáis

· Preguntar cómo se atopa alguén

· Rematar unha conversa e despedirse

· Usar o signo persoal

· Pedir unha aclaración cando non entende algo.

· Deletrear o alfabeto dactilolóxico

· Usar os pronomes persoais

· Signar os números do un o trinta.

MÓDULO 2:

· Signar sobre a familia

· Describir a casa

· Signar o que está a facer

· Signar as cores

· Chamar a atención dunha persoa xorda

· Solicitar unha aclaración cando non entende algo.

· Preguntar

MÓDULO 3:

· Signar sobre o traballo

· Signar sobre os estudos

· Signar o que está a facer

· Agradecer e felicitar

· Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas

· Usar a negación.

 

Custe empadroados/as: 12€  (Custe total: 12€) Custe NON empadroados/as: 36€  (Custe total: 36€) Cotas: 1  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1693