CURSOS / Concellería de Mocidade 

Curso de preparación probas libres da ESO 

Inicio da actividade: 04-02-2021
Fin da actividade: 27-05-2021
Dias da actividade: Martes e xoves
Horarios: de 18.30 a 20.30 h
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Lugar da actividade: On-Line JITSI MEET

desde 13-01-2021 

DESCRICIÓN

Contidos: durante o curso traballaremos os contidos que se integran no programa de educación de persoas adultas coa finalidade de prestar un apoio ás persoas interesadas en presentarse aos exames das probas libres para a obtención da ESO dirixidas a persoas maiores de 18 anos convocadas pola Xunta de Galicia.

Destinatarios/as: a partir de 18 anos

Datas:  desde 4 de febreiro ata o 27 de maio de 2021

Modalidade de impartición: VIRTUAL a través da plataforma Jitsi Meet. Dadas as circunstancias actuais de restriccións a s clases comezarán nesta modalidade ata o momento no que se poidan retomar presencialmente. O alumnado e mestra conectaranse á aula os días e horas estipulados e a clase impartirase como é habitual: exposición de contidos da profesora, resolución de dúbidas, realización de exercizos prácticos e correccións. A plataforma é moi sinxela de usar. Podedes conectarvos desde un móbil ou ordenador que teña audio e cámara. 

Material: teredes que achegarvos á OMIX para que se vos grave no voso USB todo o material do curso. Cada semana recibiredes por whatsAPP o plan de traballo semanal. Os exercizos que non se corrixan en clase tamén se enviarán a través deste medio para que a profesora os poida correxir ou a través de correo electrónico.

Horarios: luns e xoves de 18,30 a 20,30 h

Cota: 30 € empadroado/as // 60 € non empadroados/as. Unha vez realizado o pago enviada á OMIX o xustificante. IMPORTANTE: Estas cotas soamente se cobrarán cando se retome a modalidade presencial e, neste caso, aplicarase a parte proporcional ao que reste de curso e comunicarase ao alumnado previamente. Mentras tanto a actividade iniciarase sen ter que abonar cotas. 

Se tedes dúbidas poñédevos en contacto coa OMIX. 

 

Custe empadroados/as: 15€  (Custe total: 30€) Custe NON empadroados/as: 30€  (Custe total: 60€) Cotas: 2  Periodos de Pagos: NOTA: Estas cotas soamente se cobrarán cando se retome a modalidade presencial, e aplicarase a parte proporcional Modo de pago: Bimensual (ou Custe total)   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 674