OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Autocoidado para o bo trato (de 10 a 13 h)

Inicio da actividade: 14-09-2020
Fin da actividade: 19-10-2020
Horarios: Os luns 14, 21, 28 de setembro, e 5 e 19 de outubro
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Prazas: 10 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
desde 05-10-2020 

DESCRICIÓN

Espazo vivencial teórico-práctico para mulleres nun espazo seguro e coidado para a nosa saúde Vivimos continuamente cambios e ás veces a vida colócanos en situacións que nos desorientan, nos desbordan, nos xeran confusión.

A mesma situación, a raíz do coronavirus, é unha situación complexa na que brotan en nós medos do pasado, inseguridades do presente, incertezas de futuro... Sentímonos como nun labirinto sen saber como saír del. O curso ofrece ferramentas para aprender a manexar estes cambios. Imos ver como colocarnos para acompañarnos e seguir conectadas coa enerxía vital, para aprender a vivir desde o autocoidado e o Botrato.

Facilitadora: Tareixa Ledo Regal Formada en Terapia do Reencontro

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 414