OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  

Obradoiro Hebecon (10 h)

Constrúe o teu robot

Inicio da actividade: 20-07-2020
Fin da actividade: 03-08-2020
Horarios: 20 de xullo e 3 de agosto de 12 a 14 h
Destinatarios/as: 12 - 20 anos
Prazas: 10 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Presencial + en Liña
desde 01-07-2020 

DESCRICIÓN

Constrúe o teu robot de baixa tecnoloxía

Datas e horario: 

  • luns 20 de xullo de 12 a 14 h -  primeira sesión mediante videoconferencia obrigatoria para presentar o curso e coñecernos.
  • luns 3 de agosto  de 12 a 14 h -  última sesión que será presencial para  a celebración do TORNEO HEBECON cos robots construídos.

As restantes 6 h serán en liña mediante videotutoriais.

Lugar: en liña e Xardín exterior do Multiúsos, Arcade.

 

Breve descrición:

O termo Heboi é unha palabra xaponesa que sirvepara identificar o que é deficiente ou de baixa calidade. Podría traducirse como celebrar o imperfecto ou defectuoso. HEBOCON aparece en Xapón en 2014 como unha competición de robots creativos e de tecnoloxía moi simple que compiten nunha adaptación da loita tradicional de sumo. Trátase dun torneo no que os eloxios máis distinguidos non son para a persoa vencedora, senón para os cacharros máis disparatados.

Neste taller utilizaremos o enfoque STEAM,(Ciencia, Tecnología,Ingeniería, Arte e Matemáticas) pero sobre todo, apender facendo. A partir de material de refugallo e co movemento DIY por bandeira, este obradoiros é o cóctel perfecto de creatividade e innovación. Achegarémonos á robótica dun xeito moi divertido e imos construir o noso “ heboi” (robot de baixa tecnoloxía).

Metodoloxía:

A formación será en liña a través de vídeo tutoriais e leccións a completar subindo unha foto co resultado á plataforma google clasroom. Haberá unha primeira sesión por video conferencia obrigatoria todos/as a vez para presentación do curso a través de google meet. Se algunha persoa tivese algún problema técnico con estas plaformas buscaremos alternativas.

Materiais necesarios: ordenador con conexión internet e cámara e micrófono.

Material de refugallo cartón, envases baleiros, xoguetes vellos,... Antes do inicio do curso o alumnado recibirá un KIT co material individual necesario para a construcción (Dinamo -cable -Motor-Silicona líquida).

DESCARGA:


ANEXO 1 - DECLARACIÓN RESPONSABLE (PROGRAMA XUVENIL DE ACTIVIDADES XULLO 2020)

 

Modo de pago: Non reporta pago   Documentos a entregar: ANEXO 1 Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 404