Category Image  EVENTOS / Concellería de Mocidade  

 

Festival Danzarte 2015 

Data: Venres, 19. Junio 2015
Horario: 21:30 a 22:30 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade (Soutomaior)

 

Descrición:

A Concellería de Xuventude organiza o VI Festival Danzarte que se realizará o venres 19 de xuño ás 21,30 h no Multiusos en Arcade. Este festival organízase para clausurar as actividades municipais realizadas durante os meses de xaneiro a xuño no Concello. Estas actividades son na súa maioría de índole artística ou de lecer e con este festival o que se pretende e dalas a coñecer e observar o traballo realizado durante as mesmas para que persoas interesadas nestes temas poida coñecelas e anotarse si así o desexan para o seguinte curso.

Participarán no festival o alumnado das actividades de: guitarra española, baile variados, bailes latinos, danza do ventre, escola de debuxo e pintura, ponte en forma, etc.

Tamén se convida a participar a alumnado doutras actividades organizadas por outras asociacións ou entidades que organizan actividades similares.

Data: venres 19 de xuño ás 21,30 h  

Este día tamén se inaugurara a exposición de pintura “OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS 2015” (ata 10 de xullo no Multiusos). O alumnado da escola expororá as súas obras.

Lugar: Auditorio exterior Multiusos, Arcade.

 

 

 

 

Accesos : 870