OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Escapismo en Soutomaior: “DESASTRE VELUTÍNICO” 

Inicio da actividade: 27-12-2019
Fin da actividade: 27-12-2019
Horarios: de 11:30 A 13:30 h
Destinatarios/as: 12 - 17 anos
Prazas: Min 12 - Max 25
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 

DESCRICIÓN

Mínimo 12 e máximo 25 prazas, de idades entre os 12 e 17 anos, anotados/as previamente para poder organizar grupos de idade e amizades, cun máximo de 5 ou 6 participantes cada un.

Narrativa: DESGRAZA!!!!!! No laboratorio de Soutomaior estaban facendo unha investigación para combater á Avespa Asiática coñecida como a “Vellutina”. Pero antes de dar coa fórmula acertada, aconteceu un roubo que pon en perigo a nosa vila, xa que o envase non estaba protexido e o produto en contacto co aire fai unha reacción mortífera ao cabo de dúas horas… Seguindo as regras e normas dos xogos de escapismo teremos que resolver unha serie de pistas que liberarán a Soutomaior dun ataque masivo que terá unhas consecuencias nefastas. Acudimos á mocidade de Soutomaior para evitar o desastre pero só dispoñemos de dúas horas e o tempo empeza a correr……XA!

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 309