Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  

 

Acción escénica: Helen Bertels 

Data: Venres, 25. Outubro 2019
Horario: 12:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: CPR Santiago Apóstol
Acceso: Libre sen entrada

 

Descrición:

O Concello de Soutomaior participa no programa " Camiño a dentro": dez acccións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

O proxecto desenvolverase en dez concellos polos que pasa a ruta central e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. O programa comezou o 3 de outubro e rematará este venres 25 de outubro ás 12 h no CPR Santiago Apostol de Soutomaior cunha acción escénica da artista Helen Bertels. Esta actriz e creadora alemá afincada en Santiago de Compostela desde 1999 ten unha ampla traxectoria artística dándolle prioridade na actualidade ao que quere expresar  mantendo unha estreita relación co mundo da muller.

“Camiño A Dentro” afondará, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas. Ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O proxecto conta coa participación das artistas Dores Tembrás, Carmen Quinteiro, Ruth Montiel, o grupo Dúas (formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo), María Meijide, Inherente Teatro (integrado por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti), Lucía Loren, Carla Andrade, Nastasia Zürcher e Helen Bertels. A iniciativa está comisariada por Paula Cabaleiro, coordinadora tamén do programa “Mulleres en Acción.Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.

Ao acto de clausura asistirá a Deputada Provincial de Turismo, Ana Laura, o Alcalde de Soutomaior, Agustin Reguera, e a Concelleira de Cultura, Noelia Ocampo, a Concelleira de Educación Fátima Vidal e a Concelleira de Turismo Cristina González.

 

 

Accesos : 296