OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro: Recunchos Máxicos (4 h)

Inicio da actividade: 17-11-2019
Fin da actividade: 17-11-2019
Horarios: 10:00 - 14:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 12 mínimas e 20 máximo
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Salinas do Ulló
 

DESCRICIÓN

Este roteiro forma parte do programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar en valores de respecto e coidado á natureza.

BREVE DESCRICIÓN
Este roteiro aposta polo valor do entorno medioambiental, cultural e etnográfico da Enseada de San Simón dende a Carballeira do Peirao en Arcade ata o entorno das Salinas do Ulló; durante o percorrido observaremos e aprenderemos a diferenciar os diferentes tipos de aves (segundo hábitat, voo, tamaño e forma, número,...) e diferentes entornos: urbano/semiurbano, praia, zona asfaltada, sendeiros, pistas, bosques alóctonos e autóctonos, e zonas de marisma. A guía dará unhas nocións mínimas que nos axudarán a comprender o comportamento das especies de aves do entorno, en plena época migratoria e outras moitas curiosidades sobre medio ambiente e ecoloxía.

CARACTERÍSTICAS 
11 kms; dificultade baixa, desnivel baixo, circular (con tramos comúns no retorno), camiñando 1km pola estrada nacional, na zona da antiga fábrica da Pontesa. A ruta será realizado en grupo, altamente participativa, dándolle un enfoque de coloquio. Nas paradas máis técnicas que serán 7 fomentarase a participación (empregaranse láminas, prismáticos e/ou telescopio, plumas de aves e algunha foto históricas). 

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado para camiñar. Moi recomendable con protección á auga no caso de realizar roteiros por zonas de auga ou se chove.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), roupa de baño si fai calor, etc.
  • É recomendable levar gorro ou viseira e crema solar si fai bo tempo.
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • Prismáticos e/ou telescopio si se teñen.
  • IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1091