Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  

 

Teatro Fonte da Tella “A visita do inspector” 

Data: Venres, 19. Julio 2019
Horario: 21:30 h.
Destinatarios: Todas as idades - 0 anos
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

 

Descrición:

“A visita do inspector”, do dramaturgo británico JB Priestley. A interpretación correrá a cargo do grupo local A Fonte da Tella.

A obra, dun marcado xénero de suspense, divídese en tres actos e comeza cunha cea na casa da familia Birling na que se valora o compromiso entre Sheila, a filla delos Birling, e Gerald Croft.

De súpeto, aparece o inspector Goole anunciando que unha moza suicidouse con desinfectante. No transcurso da obra, descóbrese que todos os integrantes da familia, incluso o noivo da filla, tiveran algunha clase de relación ou encontro con esa moza baixo un nome diferente en cada ocasión. Ao retirarse o inspector, e despois de facer unas cantas chamadas telefónicas, danse conta de que non existe ningún inspector e que ningunha moza morreu na enfermería.

Pero cando parecía que todo era unha broma ou o home era un tolo, soa o teléfono e comunícanlle que morreu unha moza por tomar desinfectante e que un inspector de policía iría á súa casa para interrogalos.

 

 

Accesos : 433