OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro polas pasarelas do río Mao e catamarán polos canóns do Sil - 2 

Inicio da actividade: 13-04-2019
Fin da actividade: 13-04-2019
Horarios: BUS: Saída 8:30 h. - Chegada 21:45 h.
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 8 prazas
Lugar da actividade: BUS: Concello - Cruce de Pierres
 

DESCRICIÓN

Este roteiro forma parte do programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea para educar  en valores de respeto e coidado á natureza.

 

PROGRAMA DA XORNADA:  

MAÑÁ – ROTEIRO PASARELAS RÍO MAO 

As pasarelas do río Mao é un roteiro sorprendente cun itinerario de forma circular que ten unha lonxitude de 11 quilómetros cuxo tramo máis incrible discorre polos canóns do río Mao, moi próximo ao seu desembocadura no río Sil (nesta ocasión non a realizaremos completa pero si unha parte importante). Localízanse, no corazón da Ribeira Sacra, ao sur da provincia de Lugo.

O comezo áchase en Barxacova (Ourense), concretamente na Fábrica dá Luz, antiga central hidroeléctrica convertida hoxe nun albergue turístico e centro de exposicións. Bordeando a Fábrica da Luz atópase a espectacular pasarela construída sobre o canón do río Mao, aproveitando a antiga canle de auga que chegaba á central hidroeléctrica. A senda discorre de forma serpenteante por un val precioso. Ao longo do camiño veremos as tumbas antropomórficas de San Vitor, excavadas na roca, varios molinos e a ponte romana de Conceliñas. Desde aquí chegarás a Barxacova, unha aldea moitísimo encanto. 

Trátase dunhas pasarelas de madeira que non presentan ningunha dificultade, fóra diso as lixeiras subidas que ten para salvar os obstáculos do terreo. Non queiras ir rápido, aproveita para gozar dunha paisaxe única.
 

14:00 a 15:30 H – XANTAR

Ao rematar o roteiro na parroquia de Abeleda. 

OPCIÓNS: Poderedes decidir si facelo de picnic no exterior ou no bar/restaurante  “RESTAURANTE CASA LELO”. O restaturante ofrece a posibilidade dun menú:

  • ADULTO (13€) que inclúe:  Empanada e entremeses + xarrete ou costela ou lacón ou tenreira+ bebida+ sobremesa +café.
  • INFANTIL  menores ata 13 anos (10€) que inclúe: Macarróns con carne ou espaguetti con carne ou filete+ xeado+ bebida.

*Si que quere tomar menú haberá que indicalo no momento da inscrición no apartado de opcións. O Concello soamente xestiona a reserva e a persoa pago alí directamente no restaurante. 

 

TARDE – CATAMARÁN POLOS CANÓNS DO RÍO SIL

A Ribeira Sacra é coñecida especialmente polos seus tesouros naturais, para explorar esta zona na que o río discorre encaixado a través de paisaxes e montañas aproveitaremos para realizar un itinerario polos Canóns do Sil en Catamarán.

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado para camiñar. Moi recomendable con protección á auga no caso de realizar roteiros por zonas de auga ou se chove.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), roupa de baño si fai calor, etc.
  • É recomendable levar gorro ou viseira e crema solar.
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

NOTA: AS PERSOAS INSCRITAS NA PRIMEIRA EDICIÓN NON TEÑEN QUE VOLVER A INSCRIBIRSE PORQUE SI ESTÁN EN LISTA DE AGARDA PASAN AUTOMÁTICAMENTE A ESTA EDICIÓN.

Menús de almuerzo: Opción 1: ADULTO 13€ (Empanada e entremeses + xarrete ou costela ou lacón ou terneira) Opción 2: INFANTIL 10€ (Macarróns con carne ou espaguetti con carne ou filete) Opción 3: Xantar por libre Custe empadroados/as: 6  Custe NON empadroados/as: 18  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Resgardo bancario do pago Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 783