Category Image  EVENTOS / Festival de Cine e Música Infantil  

 

Martiña Soñadora (Galicia) 

Data: Domingo, 31. Marzo 2019
Horario: 12:45 h.
Destinatarios: Todo o público - 0 anos
Lugar da actividade: Peirao de Arcade
Acceso: Libre sen entrada

 

Descrición:

Martiña soñadora é Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute de nenos e nenas. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés.

Todas as cancións son orixinais do grupo. Sabela King forma parte de outras propostas para público infantil e familiar como é o caso de Bailabanda e A Pequena e Grande Orquestra; e Carlos Gil conta tamén con unha ampla experiencia na música para cativos e cativas, forma parte de grupos como OViravai entre outros.

Xuntos exploran estilos e ritmos que sen dúbida farán gozar ao público infantil e familiar. ?

 

 

Accesos : 422