OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro: Ruta da Pedra e a Auga 

Inicio da actividade: 11-11-2018
Fin da actividade: 11-11-2018
Horarios: 09:15 - 19:30 (Saída en bus)
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 55 prazas
Lugar da actividade: Siradella, O Salnés
 

DESCRICIÓN

PROGRAMA DA XORNADA: 
Comezaremos a xornada camiñando polo roteiro da pedra e da auga (arredor das 10.30 h): 6,5 kms. Dificultade baixa; desnivel suave. Lineal. Terreo fácil e sen desnivel, aínda que con algún tramo mais irregular e con algunhas pedras esvaradías. discorre ao longo do río Armenteira, pola vereda que daba servizo a máis de 30 muíños, algúns en ruínas pero outros restaurados. Acompañaranos en todo momento a tan valiosa vexetación de ribeira e o son da auga. Tamén teremos a ocasión de pasar polo Mosteiro de Armenteira.

Ao rematar deixaremos tempo para xantar. Poderedes decidir si facelo de picnic ou no bar/restaurante que onde rematemos o roteiro. Xa pola tarde achegarémonos á Aula de natureza do Monte Siradella, para coñecer algúns dos segredos naturais da Península do Grove. Mentres un grupo realiza a visita n aula de natureza o outro realizará un pequeno roteiro neste lugar tamén guiado.

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado para camiñar. Moi recomendable con protección á auga no caso de realizar roteiros por zonas de auga ou se chove.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío), roupa de baño si fai calor, etc.
  • É recomendable levar gorro ou viseira e crema solar.
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

Máis información na OMIX no teléfono 986 700 822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

HORARIOS AUTOBÚS:

  • Saída 09:15 H Casa do Concello09:30 H Cruce de Pierres
  • Chegada 19.45 H Casa do Concello 19.30 H Cruce de Pierres

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1362