Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Xuventude   

 

18-Samain-Orientacion-Banner.jpg

 

Truco ou Trato - Samaín Orientación 

Do: 31-10-2018 ó: 31-10-2018
Inscricións ata: Mércores, 31. Outubro 2018
Horarios: A partir das 19:00 h.
Destinatarios: 5 e + máis (menores con autorización)
Prazas: 150 prazas
Lugar da actividade: Alameda Talo Río

18 Bases Truco ou Trato Samaín Orientación.pdf

 

DESCRICIÓN 

TRUCO TRATO

ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAIN

 

A Santa Compaña, no día de Samaín, ao seu paso por Soutomaior perdeu en Arcade unha alma porque un trasno malvado lle indicou mal cal era o camiño a seguir. Contamos con vós para tentar atopar algunha pista que localice onde está esta alma errante... !!!

 

DESENVOLVEMENTO:

• Faranse equipos entre 4 e 10 persoas.

• Haberá un máximo de 15 equipos ou 150 participantes.

• Priorizarase á xente empadroada.

• Os equipos sairán en masa (todos xuntos).

• Cada equipo levará un mapa , cun total de 10 puntos a visitar (en orde distinta en función do equipo).Pero tamén haberá un máis curto para as idades máis baixas con menos puntos.

• En cada un deses puntos terá unha proba ou ben unha pista que vos achegará ao momento final.

• Ao conseguir esa proba gañarán unha parte dun puzzle, que deberán compoñer entre todos os equipos ao

rematar o evento, ata tentar conseguir completar o puzzle.

• As probas serán de coñecementos, habilidade, imaxinación e creatividade. NON se trata dunha carreira.

As inscricións realizaranse a través da web do Concello ata o 26 de outubro https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

 

HORA DE INICIO: ás 19 h en Talo Río

Cando cheguedes entregarásevos o mapa e explicarásevos como vos ides a organizar e o que teredes que ter en conta.

 

IDADES:  poderán participar persoas a partir dos 5 anos en diante.

Nos equipos nos que haxa menores de 12 anos terá que inscribirse tamén unha ou varias persoas adultas. Canto máis baixas sexan as idades máis adultos terá que haber. A organización comunicará a cada equipo si a súa organización é a correcta unha vez rematado o prazo de inscrición.

 

O MAPA:as probas estarán distribuídas por Arcade para o que contaredes cun mapa que conseguimos quitarlle ao trasno. Os equipos nos que haxa nenos/as menores de 9 anos buscarán á alma errante por un percorrido máis pequeno.

 

AS PROBAS:

1. Mensaxe dos mortos

2. Truco/trato

3. Puzzle cabaza

4. Circuito cooperativo

5. Decora unha cabaza

6. Sopa de letras

7. Xogos tradicionais

8. Pictionary xigante

9. Maquillaxe

10. Fotomatón

11. Probas de lóxica

 

MOMENTO FINAL:despois de superar todas as probas cadra equipo terá unha peza do puzzle que se construirá colaborativamente na praza da Alameda TALO RÍO  e darase un premio simbólico aos grupos que os monitores/as – xuíces consideren que foron máis: simpáticos e enxeñosos. Non se trata dunha proba competitiva polo tanto o premio serán dúas cabazas decoradas (1/equipo) chea de caramelos para repartir entre todos/as os participantes.

MÁIS INFORMACIÓN: na OMIX, Tel. 986700822; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / www.gabinetesoutomaior.com / www.soutomaior.gal

 

 

 

 
         
Custe empadroados/as: de balde
Custe NON empadroados/as: de balde
Formas de Pago: Non reporta Pago
 
Documentos a entregar: - NON precisa documentación adicional
Lugar de entrega: NON ten lugar de entrega
 

 


Accesos : 1659