OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

Roteiro Medioambiental: Illas Cíes 

Inicio da actividade: 16-09-2018
Fin da actividade: 16-09-2018
Horarios: 9:15 - 21:30 h.
Destinatarios/as: Todas as idades - 0 anos
Prazas: 110
Lugar da actividade: Illas Cíes
 

DESCRICIÓN

SENDA DA MAÑÁ: A DO FARO
12:00 h / Neste roteiro subiermos ó punto accesible máis alto das illas Cíes a 175m de altura. No noso camiño pasaremos polo lago natural onde veremos unha gran variedade de peixes e bosques de algas. Desviarémonos do camiño principial para visitar a Pedra da Campá e o observatorio de aves. Xa na última parte de camiño ó faro, veremos crías de gaivota patiamerela que aniñan na subida, se fai moito calor os lagartos arnais saldrán ao sol e veremos nos baixos dos cantís os corvos mariños voando a gran velocidade.  Dende o faro de Cíes, hoxe en día en funcionamento disfrutaremos dunha vista panorámica da Ría de Vigo, a illa Sur e os impresionantes cantís, se a visibilidade o permite, a illa de Ons e parte da costa portuguesa. 

  • Duración aproximada: 1 hora e 30 minutos
  • Dificultad: media

 

SENDA DA TARDE: O ALTO DO PRÍNCIPE
17.15 h / Percorremos a illa de Monteguado nunha subida ata o Alto do Príncipe onde se atopa a Cadeira da Raíña, un balcón natural na rocha con vistas o atlántico, a ría de Vigo e a illa do Faro. 

  • Duración aproximada: 45 minutos
  • Dificultade: baixa

 

HORARIOS BUS:  saídas e chegadas para todas as persoas inscritas

  • Saída           09:15 H Casa do Concello      09:30 H Cruce de Pierres
  • Chegada      21:15 H Casa do Concello       21:30 H Cruce de Pierres

*OBSERVACIÓNS COS MENORES: imos camiñar, ter en conta a tipoloxía da actividade.

Horarios opcionais: Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1604