Presentación
O proxecto é unha proposta para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde se decide vivir, de forma que se dependa o menos posible de recursos externos. Nos nosos territorios temos a posibilidade do aproveitamento de recursos naturais presentes a partir de "recursos custo cero" como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros, dándolle un valor engadido, que son o coidado do territorio e a conservación da identidade e cultura, de maneira sostible tanto económica, coma socialmente.
A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica e participativa. Mediante a creación dun ambiente de cooperación, acción que leven ás persoas participantes ao recoñecemento da infinidade de posibilidades que ofrece a agricultura ecolóxica. Durante o proxecto contémplase a organización de xornadas de formación dirixidas aos hortelanos/as así como titorías puntuais de supervisión.
A quen vai dirixido
Persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans
Obxectivos
Potenciar o cultivo e consumo de produtos de proximidade, ecolóxicos, de temporada mediante técnicas respectuosas co medio ambiente. Fomentar hábitos alimenticios saudables. Dar a coñecer a cultura rural tradicional da zona. Fomentar o respecto pola terra e pola vida. Concienciación sobre a nosa aptitude cara ao medio ambiente. Implicación, responsabilidade e compromiso na xestión da horta. Fomentar o traballo en grupo, a planificación das actividades e labores da horta.