Category Image  EVENTOS / Concellería de Medio Ambente  

 

Charla sobre a Vespa Asiática 

Data: Sábado, 17. Febreiro 2018
Horario: 19:00 a 20:30 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Casa da Cultura Regina Míguez Doval Soutomaior

 

Descrición:

O Concello de Soutomaior organiza unha charla de carácter práctico ante a problemática da vespa velutina. Trátase de unir esforzos mediante a acción educativa e a aplicación de estratexias didácticas para loitar contra esta nova especie invasora coñecida como a vespa asiática.

Por iso, o Concello, a Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia " Depolgal" e coa colaboración de Agro Arcade impartirá esta charla despois de realizar unha similar hai uns días no Multiusos de Arcade.

Estes insectos son unha ameaza para as poboacións autóctonas de vespas e outros polinizadores indispensables para a boa marcha e conservación do medio ambiente.

Así mesmo, as súas picaduras supoñen un perigo para as persoas, especialmente para aqueles que son alérxicos.

Con estas charlas búscase ensinar á poboación a tomar as medidas oportunas para previr os prexuízos reais que poden carrexar.

O Concello de Soutomaior leva tempo traballando neste problema e logrou eliminar por medios municipais máis de 150 niños de velutina así como a entrega, a quen o solicitou, de trampas e  cebo líquido

 

 

Accesos : 1314