Category Image  EVENTOS / Actividades da Biblioteca  

 

Radio Bulebule 

Data: Xoves, 1. Febreiro 2018
Horario: 17:30 a 18:15 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal

 

Descrición:

Paco Nogueiras presenta Radio BULEBULE, o seu novo traballo despois de " Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, tras a súa publicación como libro- cd- dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense a modo de grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...- , música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico.

Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, convidando á participación do público. O colorido e a expresividade volven ser as marcas de identidade visual.

Recomendada a maiores de 5 anos

 

 

Accesos : 908