OBRADOIROS / Concellería de Mocidade  

SoutoNews Magazine (Os venres 1 1/2 h)

Inicio da actividade: 07-10-2017
Fin da actividade: 25-05-2018
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 12/grupo
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade
 > DESCARGAS: 17-inscricion-soutonews-ingles-practico.pdf

DESCRICIÓN

Soutonews é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos… Guiados por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravaranse as seccións cos diálogos que estarán subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental neste idioma: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións, debates.

 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 746