Category Image  EVENTOS / Concellería de Deportes  

 

Fútbol: XXXVIII Trofeo da Ostra 

Data: Domingo, 27. Agosto 2017
Horario: 17:00 a 21:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Campo M. de Fútbol do Salgueirón, Arcade

 

Descrición:

Tradicional competición de fútbol en Arcade. Iniciarase ás 17,00 horas co encontro de fútbol feminino entre o equipo local Arcadia E.F. e o S.C.D. Pontecaldelas.

As locais inician esta tempada  cun novo  adestrador na 2ª autonómica galega e son favoritas para lograr o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino galego.

Ás 19,00 horas é a quenda para o equipo masculino do C.D. Arcade que se enfronta ao Pontevedra C.F. “B” con miras a unha nova tempada onde se tentarán consolidar na 2ª autonómica coa axuda das novas fichaxes desta tempada.

 

 

Accesos : 508