Martes, 15 Novembro 2022 11:53

Sobre a Terceira Idade

O artigo 50 da Constitución Española di que os poderes públicos garantiran a suficiencia económica á cidadanía durante a terceira idade, asemade e con independencia das obrigas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán o seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e ocio.
Actualmente na sociedade, observamos coma a natalidade descende e o numero de persoas maiores aumenta, grazas , entre outras cousas, o incremento da esperanza de vida e os avances en medicina
Poñer o foco nun colectivo, tradicionalmente desfavorecido, como as persoas maiores, é importante na sociedade actual. Son un colectivo cada vez mais numeroso e importante, xa que nos aporta todos os coñecementos e experiencias de vida, as que temos, debemos, prestar atención.
 
SERÁNS ACTIVOS
 
Descrición
O Espazo Seráns Activos é un programa de intervención comunitaria, para fomentar as actividades lúdicas, saudables, entre persoas de mais de 65 anos. Crear  espazos para o intercambio de experiencias, ou, sinxelamente, poder pasar unha tarde entretida con outras persoas.
 
Obxectivos
 
Xeral:
Mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello 
 
Específicos:
Potenciar a saúde dun xeito integral
Promover a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos
Realizar actividades de ocio e espazos comúns de intercambio.
 
Resultados
Resultados agardados:
Mellora da calidade de vida das persoas maiores do Concello de Soutomaior
Mellora das relacións interpersoais

Visto 62 veces