Venres, 11 Marzo 2022 10:54

XX Certame da Camelia

XX Certame da Camelia

A XX edición do Certame da Camelia celébrase esta fin de semana 12 e 13 de marzo.

 O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada flor, converterase un ano máis no escenario perfecto para un festival referencia.

Máis de 25 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior.

Máis de cen metros cadrados de composicións florais coas variedades máis buscadas encherán a carpa no Castelo de Soutomaior.

Este ano a mostra contará con máis de 20 expositores locais e 25 doutros municipios como Salceda ou Santiago, superando así as 45 composicións florais e confirmando o éxito de participación desta edición.

Os alumnos dos colexios Santiago Apostol, Padín Truiteiro e a Escola de Romariz de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais, adornados con esta fermosa flor típica de Galicia.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura ao que tradicionalmente asisten máis de mil persoas. A exposición poderase visitar a partir do sábado pola tarde de 16,30 a 20,00 horas  e durante toda a xornada do domingo (11,00 a 13,30 h e 16,00 a 19,00 h) e constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior.

O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:30 horas do domingo. Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística e o Mellor Traballo Escolar contarán con trofeos para as tres mellores propostas.

Ademais haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame.

 


Publicado en Certame da Camelia
Visto 902 veces

Turismo

XX Certame da Camelia

XX Certame da Camelia

11-03-2022 / Certame da Camelia

A XX edición do Certame da Camelia celébrase esta fin de semana 12 e 13 de marzo.  O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada...

Inscricións XX Certame da Camelia

Inscricións XX Certame da Camelia

21-02-2022 / Certame da Camelia

Xa está aberto o prazo para realizar as inscricións do XX Certame da Camelia que terá lugar os días 12 e 13 de marzo no castelo de Soutomaior. O prazo finalizará...

Acendido luces de Nadal

Acendido luces de Nadal

24-11-2021 / Turismo

O Concello de Soutomaior xa está preparado para recibir o Nadal. O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación...

Visita guiada e teatralizada á Illa de San Simón

12-07-2021 / Turismo

Miércoles 11 de agosto de 16,30 a 20,00 horas Actividade conducida por una guía oficial e dinamizada polas monitoras e participantes do “Campo de voluntariado Illa de San Simon. “Coñece” a Mendiño...

Exposición fotográfica ‘saborEarte’

30-06-2021 / Turismo

 Dende o luns 28 de xuño e ata o 6 de xullo, a exposición poderá visitarse no Multiusos de Arcade . A mostra recolle as imaxes obtidas nos eventos gastronómicos celebrados...

‘SaborEarte’ chega a Soutomaior con ostras e viño como protagonistas

06-05-2021 / Turismo

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 18:00 h, o Castelo de Soutomaior acollerá o segundo evento saborEarte. Esta iniciativa cultural, que aúna gastronomía e fotografía está subvencionada polo programa...

Acendido luces de Nadal

02-12-2020 / Turismo

Sábado 5 de decembro ás 18,15 h. – Alameda de Talo Río Este próximo sábado, 5 de decembro, ás 18,15 h. procederase ao aceso das luces de Nadal 2020 na Alameda...

Biblioverán 2020

20-07-2020 / Turismo

Dende a Concellería de Cultura, un verán máis se pon en marcha a actividade “Biblioverán” co obxectivo de fomentar a lectura coma fonte de enriquecimento cultural tamén nos espacios de...