Roteiros

 

Coñece o teu entorno e arredores.

 

Luns, 09 Abril 2018 16:56

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores".

O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018. 

O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

  • Características: 4,8 kms. Dificultade media; desnivel suave. Circular. Terreo irregular. Nalgún momento hai que esquivar algunha ramallada ou dar un pequeno salto para pasar algún pequeno obstáculo. Algún tramo pequeno de asfalto. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.
  • Custe: de balde!
  • Duración: 3 h/roteiro    
  • Hora: 10:30 - 13:30

A inscrición realizarase ata o luns 30 de abril a través deste formulario de google: https://goo.gl/forms/1Ua7DTsjy4BWHSeD3

Calquera dúbida ou aclaración consultar na OMIX 986 700 822

 

AXENDA MUNICIPAL

roteiro-2.jpg

OBRADOIROS / Concellería de Educación
ROTEIRO "Polas sendas da pesca"
Inscricións ata: Venres, 4. Mayo 2018
Datas do: 06-05-2018 o: 06-05-2018
Destinatarios: +12 anos (menores acompañados) 

INSCRICIÓN EL LIÑA

 


Visto 148 veces